Título node Learning object

Premios Internacionais de Alfabetización da UNESCO
Mar, 07/05/2019 - 13:24
Premios Internacionais de Alfabetización da UNESCO

Convocatoria de presentación de candidaturas para a edición de 2019 dos premios internacionais de alfabetización da UNESCO, en relación co tema "A alfabetización e o plurilingüismo".

Estes premios, instituídos en 1967, compóñense actualmente dos dous (2) Premios UNESCO de Alfabetización Rey Sejong, patrocinados pola República de Corea, e os tres (3) Premios UNESCO-Confucio de Alfabetización, patrocinados par a República Popular China.

Concédense cada ano a particulares, gobernos e organizacións non gobernamentais en recoñecemento da súa distinguida contribución á promoción da alfabetización.

A data límite para os nomeamentos é o domingo 23 de xuño de 2019.

O proceso de nomeamento levará a cabo a través dunha plataforma en liña. Os solicitantes poden acceder ao formulario de solicitude en liña solicitando a creación dunha conta de usuario a través desta ligazón: www.unesco.org/ilp/account.

Tamén atopará información relevante no sitio web dos Premios Internacionais de Alfabetización da UNESCO:

https://en.unesco.org/themes/literacy/prizes