Título node Learning object

III Edición do Concurso Cantamos coas Mans
Xov, 25/04/2019 - 09:10
III Edición do Concurso Cantamos coas Mans

A presente convocatoria ten por obxecto a participación na III Edición do Concurso "Cantamos coas Mans", convocado pola Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG).  

Poderán participar todos os centros de ensino da Comunidade Autónoma de Galicia, xa sexan públicos, privados ou concertados, que terán que enviar un vídeo cunha canción á súa elección interpretada en lingua de signos española.

Establécense dúas categorías de participación:

a. Infantil: Alumnado de Educación Infantil e Educación Primaria.

b. Xuvenil: Alumnado de Educación Secundaria, Bacharelato e Ciclos de Formación Profesional.

O idioma da canción elixida poderá ser castelán ou galego, aínda que se valorará positivamente a elección de cancións en lingua galega.

As cancións ou gravacións cuxo contido poida resultar ofensivo serán descartadas.

O vídeo deberá contar tamén con subtítulos. No devandito vídeo poderán participar tanto o alumnado do centro, como profesorado, pais/nais e persoal non docente.

A duración máxima da gravación será de 4 minutos.

As gravacións terán que ser enviadas por correo electrónico á dirección formacion@faxpg.es, antes do día 16 de maio de 2019 (incluído).

De entre todas as gravacións recibidas, un xurado composto por membros da FAXPG elixirá unha e/ou varias que serán as premiadas.

Máis información nas seguintes ligazóns:

file:///C:/Users/eferreg1/Downloads/12-17-18-31.admin.Bases_III_Concurso_Cantamos_con_las_manos_-_2019_-_GAL.pdf

https://www.faxpg.es/iii-concurso-cantamos-é.html