Título node Learning object

Premio ao Mérito Escolar XI edición da Embaixada da República Dominicana
Ven, 05/04/2019 - 09:34
Premio ao Mérito Escolar XI edición da Embaixada da República Dominicana

 

Embaixada de República Dominicana ante o Reino de España convoca o Premio ao Mérito Escolar cuxos obxectivos son por unha banda, recoñecer e estimular ao alumnado de nacionalidade ou orixe dominicano que se destacaron polas súas altas cualificacións e bo comportamento e, por outra, promover a súa integración nas institucións educativas españolas e na sociedade no seu conxunto, á vez que reforzan os lazos co seu país de orixe.

 

Dirixidos a

  • Alumnado que curse estudos en España e que sexa de orixe ou nacionalidade dominicana, e que teña entre 10 e 18 anos.
  • O nomeamento pode proceder da familia, profesorado ou outras persoas próximas maiores de idade.

Valoración de méritos

  • As cualificacións académicas.
  • O rendemento académico en xeral.
  • O espírito de superación.
  • O comportamento cívico.

Premios

  • 10 premios consistentes nunha viaxe cultural á República Dominicana con duración dunha semana e un computador portátil.
  • O Xurado poderá outorgar unha mención extraordinaria a unha alumna ou un alumno con dificultades de aprendizaxe que exhibise unha alta motivación para superarse.

Envío de candidaturas

  • Prazo: finaliza o 17 de maio de 2019.
  • Procedemento: as candidaturas poden enviarse por varias vías:
    • Correo ordinario ou certificado: Embaixada de República Dominicana Paseo de la Castellana, 30, 1º. Dereita 28046, Madrid
    • Correo electrónico: embajada@embajadadominicana.es