Título node Learning object
Campamentos de verán para persoas con discapacidade. Ano 2019
Xov, 04/04/2019 - 13:37
A Consellería de Política Social da Xunta de Galicia oferta 185 prazas de campamentos de verán para persoas con discapacidade.
Permiten gozar, durante 10 días, dunha estadía socializadora e de convivencia, nun espazo lúdico, humano, integrador, formativo e seguro; mediante o desenvolvemento de actividades dirixidas ao fomento de habilidades sociais, ao contacto coa natureza e o mar, ao coñecemento da propia cultura e á educación para a saúde.
- Presentación de solicitudes: ata o día 3 de maio incluído
Para participar nos campamentos de verán para persoas con discapacidade tes que cumprir os seguintes requisitos:
- Ter un certificado de discapacidade de grao 33% ou máis.
- Ter 11 anos ou máis.
- Non pasar dos 40 anos.
- Estar empadroado nun Concello de Galicia.
- Seguir as normas de convivencia do campamento.
- Poder comunicarte coas persoas no campamento.
- Poder participar nas actividades do campamento.
- Poder moverte só no campamento.
- Non podes ter unha enfermidade contaxiosa.