Título node Learning object
No sitio web do SEPIE http://www.sepie.es/, a Axencia Nacional de Erasmus +, ofértase novas prazas para participar nas Actividades de Cooperación Transnacional (Seminarios de contacto e visitas, chamadas TCA), que terán lugar en diferentes cidades de Europa durante os vindeiros meses de 2019, para o sector da Educación Escolar (ensinanzas de infantil, primaria, secundaria e bacharelato) e do sector de Persoas Adultas (EPAs, EE.OO.II e ensinanzas de adultos non formal)
As Actividades de Cooperación Transnacional (Seminarios de contacto e visitas de estudo) teñen por finalidade axudar ás institucións e aos centros educativos dos países a entrar en contacto e desenvolver un plan de traballo con outros centros e institucións europeas que desexen intercambiar experiencias, colaborar en proxectos de mobilidade e/ou establecer unha Asociación Estratéxica; é dicir participar en proxectos europeos futuros conxuntos de Erasmus+.
Os TCAs ofertados son os seguintes:
1.- Visita de Estudos: Creative use of digital technologies in Estonian schools
Tallín (Estonia)
Data 7- 9 de abril de 2019
Destinatarios: administradores e administradoras educativos, directores e directoras e xefaturas de departamento de centros educativos.
Data límite presentación formularios: 08-03-2019 (12:00, hora de Bruxelas)
Idioma: inglés.
Prazas: 1 praza para institucións do ámbito de educación escolar.
Obxectivo: Coñecer o uso creativo das TIC, compartir boas prácticas, crear redes de traballo e atopar socios potenciais para presentar proxectos nas novas convocatorias do programa.
2.- Seminario de Contacto: StS (school to school partnerships) – How to plan an excellent Project for special Schools
Miedzeszyn (Polonia)
Data 22-26 de maio de 2019.
Destinatarios: equipos directivos e docentes de centros de educación especial interesados na realización de proxectos de Asociacións de Intercambio Escolar KA229 no marco do Programa Erasmus+.
Data límite de presentación formularios: 25-03-2019 (12:00, hora de Bruxelas)
Idioma: inglés
Prazas: 2-3 prazas para institucións e organizacións do ámbito da educación escolar.
Obxectivo: o seu obxectivo principal é afondar nos fins e prioridades das asociacións de intercambio escolar no marco do Programa, así como establecer contactos e atopar socios para futuros proxectos Erasmus+ dentro do marco da inclusión social e alumnado con necesidades educativas especiais.
3.- Visita de Estudos: The Role of School Leaders in the professional Development of Teachers
Estocolmo (Suecia)
Data: 14-16 de maio de 2019.
Destinatarios: administradores e adminsitradoras educativos, directores e directoras de centros.
Data límite presentación formularios: 25-03-2019 (12:00, hora de Bruxelas)
Idioma: inglés.
Prazas: 2 prazas para institucións do ámbito de educación escolar.
Obxectivo: intercambiar experiencias e ideas para mellorar o desenvolvemento profesional do profesorado e atopar potenciais socios para futuros proxectos no marco de Erasmus+.
4.- Thematic TCA: Erasmus4ever Erasmus4future
Florencia (Italia)
Data: 7- 9 de maio de 2019.
Destinatarios: coordinadoras e coordinadores de proxectos Eramus+ xa realizados, interesadas e interesados na promoción e formación de redes de alumnado Erasmus+; alumnado para os que a participación no programa Erasmus+ supuxera unha experiencia transformadora. No caso do estudantado, deberán ser maiores de idade, e se xa remataran os seus estudos de Bacharelato, ter titulado no curso 2017-2018. Serán os centros educativos os que enviarán unha solicitude propoñendo a súa participación. Terase especialmente en conta a participación do alumnado en mobilidades de larga duración.
Data límite presentación formularios: 15-03-2019 (12:00, hora de Bruxelas)
Idioma: inglés.
Prazas: 1 praza para institucións do ámbito de educación escolar y 1 praza para institucións de educación de persoas adultas.
Obxectivo: Enmarcar Erasmus+ como unha experiencia transformadora que contribúa á construción da identidade europea; dar os primeiros pasos cara unha futura rede de alumnado Erasmus co fin de mellorar a difusión de Erasmus+ e animar a potenciais participantes no programa.
Toda a información sobre a convocatoria, as actividades ofertadas, os criterios de selección e o proceso de solicitude, subvención e xustificación pode atoparse nas seguintes ligazóns:
Educación escolar: http://www.sepie.es/educacion-escolar/seminarios.html#contenido
Educación de persoas adultas: http://www.sepie.es/educacion-adultos/seminarios.html#contenido