Título node Learning object

 2º Simposio Anual de Patrimonio Cultural Mundial para Mozos
Mar, 05/02/2019 - 13:27
 2º Simposio Anual de Patrimonio Cultural Mundial para Mozos

 

O 2º Simposio Anual de Mozos do Patrimonio Cultural Mundial celébrase con motivo do Día Mundial da Diversidade Cultural para o Diálogo e o Desenvolvemento.

O Simposio é unha contribución aos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable que promoven a "Educación 2030" centrada en SDG 4.7, así como SDG17;  tamén conta co apoio do Centro de Información Rexional das Nacións Unidas (UNRIC), a Academia Olímpica Internacional, a Oficina de Información do Parlamento Europeo en Grecia e a Asociación Helénica de Científicos Políticos. 

As datas e lugar onde se organiza o 2º Simposio Anual de Mozos do Patrimonio Cultural Mundial :

Datas: do 10 ao 14 de abril de 2019.  

Lugar: Olimpia (Grecia).

 

A cerimonia de apertura terá lugar en Atenas o 10 de abril de 2019. Todas as delegacións partirán a Ancient Olympia o 11 de abril pola mañá. O Symposium Center é a Academia Olímpica Internacional na antiga Olimpia.

Neste Simposio poden participar tanto o profesorado como alumnano (a partir dos 12 anos) de centros educativos, así como o profesorado da Universidade e estudantes universitarios e universitarias.

O prazo de inscrición termina o 15 de febreiro 2019.

Para calquera dúbida respecto diso a persoa de contacto é  Mr. Vasilis Papalyberis, Xefe do Comité Organizador, email:  vp@olympiayouthsymposium.com .

Nas seguintes ligazóns pódese atopar información do simposio e as bases para participar.

-Información xeral: https://olympiayouthsymposium.com/

-Ligazóns con vídeos de Apoio:

The moments we´ve shared (part1):   https://www.youtube.com/watch?v=KkBMbbfUDRc

The moments we´ve shared (part2):   https://www.youtube.com/watch?v=xXKBvZc3MRo

Save the date!:  https://www.youtube.com/watch?v=guwfNfgjOPo