Título node Learning object

Cursos titorizados en liña 2019: 1ª edición de cursos de formación en Rede do Profesorado 2019
Lun, 14/01/2019 - 08:56
Cursos titorizados en liña 2019: 1ª edición de cursos de formación en Rede do Profesorado 2019

O Ministerio de Educación e Formación Profesional, a través do INTEF, convoca 11.620 prazas para a realización de cursos de formación en Rede para o profesorado.

O prazo de inscrición na 1ª edición empeza o 9 de xaneiro e finaliza o 28 de xaneiro de 2019 (ambos os incluídos).

Nesta primeira edición ofértanse un total de 20 cursos cuxa descrición, incluída a información necesaria para a inscrición, pódese consultar na páxina da sede electrónica do Ministerio de Educación e Formación Profesional, na que se irán publicando tamén as novidades relativas á mesma.

Os cursos teñen unha duración de dous meses (do 12 de marzo ao 14 de maio), excepto o de "O desenvolvemento da función directiva" (ata o 12 de xuño). Para facilitar o traballo e a planificación, todos os cursos estarán dispoñibles cuns días de antelación, de modo que os participantes vaian familiarizándose coa aula virtual.

Finalmente, todos os cursos contribúen ao desenvolvemento da Competencia Dixital Docente nunha, varias ou todas as súas áreas e, ademais da asignación dun distintivo dixital, certifícanse con 70 horas de formación, salvo o de "O desenvolvemento da función directiva", ao que lle corresponden 150 horas.