Título node Learning object
O Concello de Pontevedra organiza a xornada "Diversidade sexual nas aulas. Materia pendente?" dentro do programa municipal pola diversidade sexual Pinto e Maragota. A inscrición está aberta a docentes e a calquera outra persoa interesada na temática; a organización recomenda a asistencia de alumnado na sesión da mañá.
A inscrición é de balde e pódese formalizar a través do correo electrónico (info@pintoemaragota.gal) ou do teléfono (604 024 645). A actividade pendente de homologación polo Servizo de Formación do Profesorado.
Data: sábado 19 de xaneiro de 2019
Lugar: Salón de actos do Pazo da Cultura de Pontevedra
Duración: 8 h
Horario: 10.00 - 14.00, 16.00 - 20.00
Pódese consultar o programa completo no PDF anexo.