Título node Learning object

Obradoiro para a solicitude de proxectos europeos de mobilidade KA1
Ven, 21/12/2018 - 11:10
Obradoiro para a solicitude de proxectos europeos de mobilidade KA1

A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, con motivo da convocatoria de Programas Europeos Erasmus + 2019, organiza un Obradoiro sobre a solicitude de proxectos de mobilidade de KA1 para centros educativos de educación infantil, primaria e secundaria, como tamén para centros de educación de adultos (EE.OO.II e EPAs).

Priorizarase a aqueles centros que non tiveran participado en proxectos europeos nos últimos tres cursos e desexen solicitar proxectos europeos de mobilidade KA1 na presente convocatoria 2019.

Datos do Obradoiro:

Data: 15 de xaneiro de 2019

Lugar: CIFP Compostela (Lamas de Abade, s/n - 15781 Santiago de Compostela)

Horario: 9:30 h a 14.00 h.

Os centros educativos terán ata o 11 de xaneiro 2019 para inscribirse.