Título node Learning object
O sábado 8 de decembro de 2018 publicouse no B.O.E. a Resolución do 16 de novembro de 2018 da Secretaría de Estado de Educación e Formación Profesional, pola que se convocan os Premios eTwinning Nacionais 2019.
O profesorado interesado en participar nesta convocatoria, en concorrencia competitiva, terán de prazo ata o 9 de xaneiro de 2019 e deberán cumprir os requisitos que se detallan a continuación:
Requisitos:
- Ter recibido o Selo de Calidade Nacional pola realización dun proxecto internacional finalizado e rexistrado en eTwinning.
- Dito proxecto etwinning debeu estar activo durante o curso escolar 2017/2018.
- Non ter recibido Premio eTwinning con anterioridade.
Na presente convocatoria inclúese como novidade a concesión de 2 premios na nova categoría de Educación Infantil.
Outra información de interese:
A solicitude deberase cumprimentar a través da web do Ministerio de Educación e Formación Profesional (MEFP), a través da ligazón Acceso al Servicio Online
A presentación da solicitude pode realizarse de forma individual ou telemática (recoméndase esta última).
Presentarase unha única solicitude de premio por proxecto. No caso de proxectos con máis profesorado elixible (con selo de calidade para ese proxecto), xuntarase o anexo I da convocatoria debidamente cumprimentado e asinado por todo o profesorado participante.
Poderase participar simultaneamente por categoría de idade e pola modalidade B (proxecto novel) se o profesorado español participante sexa elixible ou non, e teña participado anteriormente como máximo nun proxecto eTwinning e non tivese recibido premio nacional ou europeo anteriormente; coa excepción da categoría de 0-6 anos, que só se poderá participar na categoría xeral.
Poderase participar simultaneamente por categoría de idade e por categoría 4 (equipos multidisciplinares de centro) se participan polo menos 3 profesores elixibles dun mesmo centro escolar, pertencentes a un mínimo de 2 áreas ou materias distintas.
Deberá asegurarse de que, unha vez cumprimentada a solicitude, esta quede CONFIRMADA para a súa posterior rexistro electrónico ou presentación por rexistro ordinario.
O estado final debe ser REXISTRADA (presentación telemática) ou CONFIRMADA (presentación física).
Ligazóns
Base de Datos Nacionais de Subvencións.
Convocatoria de Premios Nacionais eTwinning 2019.
Anuncio da Convocatoria no BOE.
Páxina do Ministerio de Educación e Formación Profesional.
Manual. Procedemento Premios 2019
Para calquera consulta acerca desta Convocatoria de Premios, escriba a: