Título node Learning object
A través de FPROFE podedes acceder ao curso "Comunicar en igualdade", unha actividade formativa na que se darán estratexias comunicativas para realizar campañas, actividades e produtos libres de estereotipos de xénero e que comuniquen de xeito efectivo no mundo en que se vivimos. No deseño do curso, que terá unha vertente moi práctica, participarán relatoras de excepción:
- Towanda Rebels: son autoras do libro #Holaguerrera e dunha coñecida canle de Youtube onde se poden ver as súas producións.
- Agareso, Reporteiros galegos solidarios: son un colectivo de comunicadores/as que desenvolven proxectos de intervención social a través do uso das canles de comunicación.
- Sonia Fernández Casal: é experta en xénero e docente no IES Plu Fontexería (Muros), un dos centros de vangarda da igualdade en Galicia.
Lugar: o curso realizarase en todos os CFR (Santiago de Compostela, A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo).
Data: xaneiro-abril 2019
Inscrición: contactar coas asesoras de cada CFR
Duración: 50 h (30 presenciais + 20 de traballo persoal)
Para obter máis información, pódese consultar coa Asesoría de Igualdade (881 997 598) ou coas asesoras responsables de cada curso:
S1803003 Santiago de Compostela contacto: Marián Rego - marianrego@edu.xunta.es - 981 522 411
C1803003 A Coruña contacto: Arancha Folgar - aranchafolgar@edu.xunta.es - 981 274 221 - ACTIVIDADE ANULADA
F1803003 Ferrol contacto: Pilar Vilela - pilarvilela@edu.xunta.es - 981 370 541
L1803005 Lugo contacto: Virginia González - virginia@edu.xunta.es - 982 251 068
O1803004 Ourense contacto: Rosa Pato - rosa.mpato@edu.xunta.es - 988 241 533
P1803003 Pontevedra contacto: Ana Velo - avelo@edu.xunta.es - 986 872 888
V1803003 Vigo contacto: Ana Justo - anajustoherrero@edu.xunta.es - 986 202 370 - ACTIVIDADE ANULADA