Título node Learning object

Regueifiñas de Ciencia. I Concurso debate escolar
Mér, 12/12/2018 - 11:54
Regueifiñas de Ciencia. I Concurso debate escolar

A Universidade de Santiago de Compostela organiza o concurso Regueifiñas de Ciencia. Este proxecto consiste na organización de debates ao redor de temas de actualidade e transcendencia para a sociedade, con relatores de formación e capacidade excepcionais. A organización dos debates manterá unha postura imparcial e propón o formato "tipo Oxford". Catro relatores, dous equipos, un moderador, un punto de partida e tempos controlados. Os debates teñen lugar na Facultade de Comunicación da USC e son retrasmitidos en directo a través dunha plataforma de streaming.

Esta actividade está dirixida ao alumnado de 3º e 4º da ESO, bacharelato e ciclos medios de formación profesional.

É necesario facer unha preinscrición  antes do 12 de decembro neste formulario: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSccxjZqCFbgs-VmO6FauHKASG5C2aN4ERuOZc2CP05HVrLeWw/viewform   .
Haberá que enviar o vídeo coa candidatura antes do 1 de febreiro de 2019.

Os dous equipos finalistas competirán entre sí en Santiago de Compostela no mes de marzo.

Para máis información https://www.regueifas.org/bases/

 

Menús Learning object node R

Tema

Sección