Título node Learning object

É racional o cambio estacional de hora en Europa?
Mar, 04/12/2018 - 13:15
É racional o cambio estacional de hora en Europa?

É racional eliminar esa medida, aplicada durante décadas? Se se suprime o cambio estacional de hora, con cal quedar? Co de verán ou co de inverno? Que ocorrería se Europa perdese a súa estabilidade e coordinación horaria?

A resposta e as decisións que se tomen baseándose nela, afectarán a todas as persoas do espazo común europeo, sen excepción. A cuestión é, pois, relevante, e a súa resolución esixe unha reflexión pausada polo miúdo, que debe ser tomada logo de adquirir un coñecemento previo dos factores que inciden nela.

Esta xornada do Consello da Cultura Galega pretende proporcionar ese coñecemento, a través das exposicións de expertos. A achega á que aspira a xornada é facerlles posible aos asistentes responder con solidez argumental á pregunta que lle dá título.

A data e lugar de celebración será o vindeiro 4 de decembro de 2018 no Consello da Cultura Galega.
A inscrición é gratuíta. 
O número de prazas é limitado (100 persoas). 
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición. 
Entregarase diploma acreditativo de asistencia á xornada. 
 

Para máis información

 http://consellodacultura.gal/evento.php?id=200756