Título node Learning object
XII Premios Estratexia NAOS 2018
Mér, 28/11/2018 - 11:59
A Axencia Española de Consumo, Seguridade Alimentaria e Nutrición (AECOSAN) convoca os XII Premios estratexia NAOS 2018 (resolución BOE do 24 de maio de 2018) co obxectivo de recoñecer e divulgar aqueles programas ou proxectos que fomenten unha alimentación saudable e/ou a práctica de actividade física en calquera dos ámbitos de actuación desta estratexia, xa sexa familiar e comunitario, escolar, laboral, sanitario e empresarial.
A convocatoria publicada no BOE, os modelos de formularios para cubrir a solicitude de participación e a memoria xustificativa do proxecto, así como toda información básica para esta edición do 2018, atópase premendo aquí.
Data límite: 21 de decembro de 2018