Título node Learning object

Convocatoria de avaliadores externos do programa marco europeo Erasmus+
Mar, 20/11/2018 - 11:00
Convocatoria de avaliadores externos do programa marco europeo Erasmus+

Convocatoria para a constitución de panel de expertos avaliadores de proxectos europeos no contexto do programa marco ERASMUS+

Con data de 12 de novembro de 2018 publicouse no Boletín Oficial do Estado (BOE) a convocatoria para a constitución dun novo panel de expertos externos avaliadores do SEPIE (Servicio para la Internacionalización de la Educación) para o período 2019-2021. Nela establécese o procedemento da a súa constitución para colaborar en diversas tarefas referidas a:

 - A avaliación de solicitudes e informes de proxectos de mobilidade e Asociacións Estratéxicas do Programa Erasmus +.

- A avaliación das iniciativas relacionadas coa internacionalización das universidades españolas.

- Outras colaboracións (avaliación de convocatorias para o Selo Europeo de Linguas e revisións documentais de proxectos Erasmus +).

Na citada resolución aparecen as condicións de participación dos expertos na convocatoria: requisitos mínimos, baremo de méritos, así como o procedemento para a presentación de solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais contados a partir do día seguinte á publicación da convocatoria no BOE.

Os/as interesados/as, poden atopar máis información na seguinte ligazón: http://www.sepie.es/iniciativas/eycext.html