Título node Learning object

Mobile Week Coruña
Ven, 16/11/2018 - 08:51
Mobile Week Coruña

Mobile Week Coruña (MWeekCoruña), iniciativa impulsada por Mobile World Capital Barcelona e desenvolvida polo Club Financeiro Atlántico, é un espazo aberto á reflexión sobre o impacto da transformación dixital na vida das persoas, a través de arte, ciencia e tecnoloxía.

MWeekCoruña reúne a artistas, científicos e científicas, filósofos e filósofas, enxeñeiros e enxeñeiras e profesionais da industria nunha iniciativa aberta para todos e todas os e as cidadáns e difundida pola cidade.

O futuro cotián é a temática do evento que se desenvolverá do 21 ao 28 de novembro de 2018 na Coruña co obxectivo de fomentar o debate e a participación da cidadanía en relación ao futuro cotián da sociedade actual.

Durante unha semana, A Coruña e a súa área metropolitana serán o punto de encontro no que se analizará e debaterá, desde diferentes perspectivas, o cambio tecnolóxico social actual.

Mobile Week Coruña expón unha programación transversal con actividades gratuítas que abordarán os retos, os límites e as oportunidades da transformación dixital, en espazos da cidade da Coruña e de concellos limítrofes ao longo dunha semana.

O proceso de inscrición é sinxelo: chegarache un correo cunha tarxeta dixital que poderás descargar no teu móbil e coa que poderás acceder aos eventos. Ademais, con ela estarás informado de todo o que ocorra en Mobile Week Coruña e accederás á rede social corporativa do evento.

Máis información:

https://www.mobileweekcoruna.com/es/mobile-week-coruna/