Título node Learning object

Simposio María Victoria Moreno
Mér, 31/10/2018 - 11:09
Simposio María Victoria Moreno

A Real Academia Galega en colaboración coa Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional celebra o Simposio María Victoria Moreno
A Real Academia Galega xuntará no Simposio María Victoria Moreno dezaseis especialistas que profundarán en diversos aspectos da vida e da obra da autora protagonista do Día das Letras Galegas 2018.

 

O encontro desenvolverase os días 27 e 28 de novembro en horario de tarde na sede da institución.

A entrada e a inscrición son de balde.

Para formalizar a inscrición cómpre enviar un correo electrónico antes do 27 de novembro a publicacions@academia.gal (admitirase un número máximo de 90 solicitudes por orde de inscrición).

Máis información:

https://academia.gal/axenda/-/journal_content/56_INSTANCE_3u4Z/10157/12122?eventId=1182885