Título node Learning object

VII Concurso de tuits contra a violencia de xénero 2018
Ven, 26/10/2018 - 14:30

Con motivo do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o Concello de Lalín organiza o VII Concurso de Tuits contra a violencia de xénero 2018, que ten  por obxecto a concesión do premio do VII Concurso de Tuits contra a violencia de xénero, organizado polo Concello de Lalín, a través da Oficina de Igualdade, coa finalidade de incrementar a concienciación e sensibilidade da sociedade ante esta gran lacra social.

Tuits contra a violencia de xénero, son mensaxes, lemas ou expresións de repulsa contra a violencia de xénero que se realizan a través da rede social twitter e a súa extensión máxima é de 140 caracteres.

Poderán participar todas as persoas que así o desexen.

Cada persoa poderá enviar un máximo de tres tuits, os tuits que participen no concurso deberán incluír o hastag #lalinsenviolencia e facer mención a @eigualdad e un duplicado a @ConcellodeLalin; a identificación persoal da autoría do tuit realizarase unha vez emitida a resolución do xurado.

A persoa seleccionada deberá responder no prazo de 48 horas ao contacto da Oficina de Igualdade,  se transcorrido ese tempo non houbese resposta entenderase que renuncia aos seus dereitos.

O prazo rematará o venres 9 de novembro de 2018.

Máis información

 https://lalin.gal/bases-subvencions/bases-reguladoras-do-vii-concurso-de-tuits-contra-violencia-de-x%C3%A9nero-2018