Título node Learning object
XV Concurso de cartas “Dillo a quen maltrata”, organizado polo Concello de Lalín, a través da Oficina de Igualdade, coa finalidade de promover a reflexión sobre a problemática da violencia de xénero nas súas diferentes manifestacións física, psicolóxica, sexual, económica, estrutural..., así coma os efectos e consecuencias da mesma.
Poderán participar todas as persoas que así o desexen e cada participante poderá enviar un máximo de tres cartas coa temática sobre a violencia de xénero.
As cartas deberán ser remitidas xunto coa ficha de inscrición ao Rexistro Xeral do Concello de Lalín (Praza de Galicia, 1 - 36500 Lalín - Pontevedra) dentro dun sobre pechado, no que figurará XV Concurso de cartas “Dillo a quen maltrata”, tamén poderán enviarse por correo electrónico a igualdade@lalin.gal, nun arquivo a carta e noutro a ficha de inscrición, indicando no asunto XV Concurso de cartas “Dillo a quen maltrata”.
Máis información
https://lalin.gal/bases-subvencions/bases-reguladoras-xv-concurso-de-cartas-dillo-quen-maltrata-2018