Título node Learning object

IV Seminario Internacional Resclima: A Educación para o Cambio Climático no Sistema Educativo
Xov, 11/10/2018 - 14:31
IV Seminario Internacional Resclima: A Educación  para o Cambio Climático no Sistema Educativo
No IV Seminario Internacional Resclima e no 2º Encontro da REAJA ponse a mirada sobre o papel dos sistemas educativos, outorgando atención preferente á inclusión do cambio climático no curriculum e na praxe educativa da educación secundaria. Neste nivel, os
e as adolescentes, teñen a primeira oportunidade de conectar formalmente coas ciencias do clima coa madurez necesaria para aprender na súa complexidade os retos do cambio climático e os cambios necesarios para transitar cara un mundo sostible e xusto. Entendemos que unha resposta ao cambio climático que sexa eficaz e urxente dende o sistema educativo require aplicar un “curriculum de emerxencia climática” que converta esta ameaza nun compoñente central do quefacer pedagóxico en todos os niveis educativos e, principalmente, na educación secundaria.
 
O evento celebrarase os días 26 e 27 de outubro de 2018, en Santiago de Compostela, articulándose arredor dos seguintes eixos de reflexión:
 
1.Representacións sociais do cambio climático no alumnado e o profesorado de educación primaria, secundaria e universitaria.
2.A educación para o cambio climático no sistema educativo universitario e non universitario.
3.Comunicación do cambio climático e cidadanía.
4.A educación nas políticas de cambio climático.
5.Educación para o cambio climático e xustiza ambiental.
 
Nº de plazas: 15
Inscripción na seguinte ligazón: