Título node Learning object
Con motivo da celebración do Día Mundial da Alimentación (DMA) o 16 de outubro a Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO) lanza unha campaña de información e concienciación contra a fame no mundo.
O lema deste ano 2018 está dedicado ao segundo Obxectivo de Desenvolvemento Sustentable (ODS2): a fame Cero, que non só pretende acabar coa fame, senón tamén lograr unha nutrición mellorada e unha agricultura sustentable.
Concurso de Carteis Fame Cero
Como parte da campaña a FAO puxo en marcha a VII Edición do concurso de carteis do DMA, dirixido a escolares de 5 a 19 anos e que este ano versará sobre a fame cero. Na pasada edición participaron máis de 10.000 estudantes provenientes dun centenar de países.
Os carteis poden ser debuxados, pintados ou deseñados dixitalmente e subidos ao sitio web do Día Mundial da Alimentación. para concienciar e inspirar a FAO creou creado o libro de actividades 2018 Traballando pola fame Cero.
- Caderno de actividades (pdf)
Inscrición
- Prazo: termina o 9 de novembro de 2018.
- Inscrición: formulario dispoñible en http://www.fao.org/world-food-day/2018/contest/enter-the-contest/é/.
Máis información