Título node Learning object

23 de setembro, Día Internacional contra a Explotación Sexual e a Trata de Persoas
Mar, 18/09/2018 - 15:41
trata

O 23 de setembro conmemórase o Día Internacional contra a Explotación Sexual e a Trata de Persoas. A explotación e a trata de persoas con fin de explotación sexual é un dos delictos máis graves que se infrinxen contra os dereitos humanos das persoas, e afectan na práctica totalidade dos casos a mulleres e nenas de todo o mundo. O destino das mulleres que entran neste entramado nutre as redes de prostitución, fundamentalmente nos países occidentais.

Para concienciar contra este réxime de explotación, esta fin de semana terán lugar eventos en distintos concellos galegos (ex. Teo, Vigo).

 

Outra información de interese: