Título node Learning object
Obradoiro que se desenvolve dentro do programa ENDESA EDUCA, ao amparo dun convenio entre a Fundación ENDESA e a USC; onde colaboran:
a) Máster en Dirección de Actividades Educativas na Natureza.
b) Proxecto LANDCARE (http://landcare.es/).
Datas: 29 de setembro, de 10:00-18.00 h
Lugar: Espazo restaurado das Pontes
Punto de encontro (opcional):
- 10:00 h Parquing da Central de Ciclo Combinado de ENDESA, As Pontes
- 8:15 h Porta da Facultade de Bioloxía, da Universidad de Santiago
Destinado a: Formadores en educación ambiental, agricultura, biodiversidade.
Número de prazas: 25 (selección por vinculación e orde de inscrición).
Obxectivos
O principal obxectivo é que os asistentes poidan deseñar e organizar actividades de educación ambiental cos seus propios alumnos no espazo restaurado das Pontes; elaborar materiais didácticos relacionados coa biodioversidade que poidan empregarse cos estudantes dos centros educativos e coñecer as técnicas de restauración de espazos degradados, especialmente dos espazos mineiros.
Contidos:
- Introdución á restauración de espazos degradados.
- Papel da xestión do chan na restauración.
- Os sistemas acuáticos e humedais.
- A revexetación e formacións vexetais.
- A fauna en espazos mineiros restaurados.
Deseño e avaliación de propostas didácticas sobre biodiversidade e a restauración de ambiental. Os asistentes ao curso deseñarán actividades de formación concretas que poderán ser desenvolvidas cos seus propios estudantes en posteriores visitas.
Desenvolvemento das sesións:
As sesións serán eminentemente prácticas e colaborativas. Inclúen sesións de campo e aula nas que se realizan e debaten actividades didácticas relacionadas co estudo da biodiversidade.
Impartido por:
Persoal da Universidade de Santiago de Compostela (Máster en Dirección de Actividades Educativas na Natureza), Profesores do IES Moncho Valcarce (As Pontes) e do IES Lucus Augusti (Lugo) e Técnicos de Endesa.
Coordinador: Agustín Merino (Universidade de Santiago de Compostela)
Contacto: educaaspontes@gmail.com
Información xeral : www.endesaeduca.com