Orde do 18 de maio de 2018 pola que se regulan a convocatoria e a selección de centros docentes non universitarios sostidos con fondos públicos para participar en actividades de inmersión lingüística en lingua inglesa, English Week
Publicada a Orde do 18 de maio de 2018 pola que se regulan a convocatoria e a selección de centros docentes non universitarios sostidos con fondos públicos, dependentes desta consellería, para participar en actividades de inmersión lingüística en lingua inglesa, English Week, dirixidas ao alumnado de sexto curso de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria.
Participantes e quendas
Poderán participar nesta convocatoria os centros docentes non universitarios sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria nos cales se impartan ensinanzas de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria.
As estadías desenvolveranse en dez quendas dunha semana de duración entre o 7 de outubro e o 15 de decembro deste ano.
Solicitudes
Cada centro poderá participar cun máximo de 25 alumnos e/ou alumnas, todos do mesmo nivel educativo.
O prazo para a presentación de solicitudes rematará o 2 de xullo de 2018.