Comisións de servizos por conciliación familiar e laboral (2018)

Xov, 24/05/2018 - 11:16

Para as comisións de servizos en atención a situacións de conciliación da vida familiar laboral correspondentes ao curso escolar 2018/19, o prazo de presentación de solicitudes será o comprendido entre o 23 de maio e o 5 de xuño de 2018, ambos incluídos.

Nota importante: debido a que os servizos da sede electrónica non estarán dispoñibles ao longo de case todo o día 26 de maio, amplíase o prazo para formular as solicitudes de comisión de servizos en atención a situacións de conciliación da vida familiar e laboral, de xeito que o prazo rematará o 6 de xuño de 2018

Para as persoas que superen o procedemento selectivo de ingreso ou acceso no corpo correspondente e estean pendentes de ser nomeadas funcionarias en prácticas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, o prazo será de dous días hábiles contados desde a publicación da relación de persoas aprobadas polo tribunal correspondente.

Para formular unha solicitude de comisións de servizos deberá acceder ao enderezo www.edu.xunta.gal/cadp e presentala na Sede electrónica da Xunta de Galicia, seguindo as instrucións que se indican na citada aplicación.

Teléfonos de contacto:

  • Profesorado de secundaria: 981 545406, 981 545407, 981 545255, 981 544486
  • Mestres: 981 544482, 981 544488, 981 545 440

Enderezos de correo electrónico: