Título node Learning object

Curso "Infancia e Adolescencia: unha Cara Oculta da Violencia de Xénero"
Mar, 15/05/2018 - 11:00
imaxe

A Escola de Igualdade María Vinyals, da Deputación de Pontevedra, organiza o curso "Infancia e Adolescencia: unha cara oculta da violencia de xénero".

Data: sábado 26 de maio de 2018
Lugar: Pazo da Cultura. Pontevedra
Inscrición: en liña

Obxectivos

Dar a coñecer os resultados dun traballo de investigación, inserido no Proxecto REDES da Universidade de Vigo, relativo a diferentes aspectos da violencia de xénero exercida sobre a infancia e a adolescencia, que constitúen unha cara oculta da violencia de xénero.

Ofrecer a visión de diversas expertas nos ámbitos da psicoloxía, da educación, da saúde, da xustiza e do asociativo.

Proporcionar elementos de debate e ferramentas para a prevención e a intervención en diferentes ámbitos.

 

Programa

9:30-10:00. Benvida institucional

10:00-10:15. "O Proxecto REDES". Ángeles Parrilla Latas. Directora do Proxecto REDES. Profesora da UVigo

10:15-11:30. Panel de presentación do microproxecto "Infancia e adolescencia: unha cara oculta da violencia de xénero"

  • Azucena Arias Correa. Orientadora e profesora da UVigo
  • Daisy Alcalde Monteagudo. Mestra. Asociación feminista O Soño de Lilith
  • Iria Vázquez Silva. Profesora da UDC
  • Presenta e modera: María A. Lires. Coordinadora do microproxecto. Profesora da UVigo

11:30-12:00. Descanso-café

12:00-13:30. Conferencia: "Violencia vicaria e SAP: fillas e fillos como vítimas da violencia de xénero"

13:30-16:00. Xantar

16:00-18:00. Obradoiros

  1. "A coeducación, o camiño para a prevención da violencia de xénero". Mariví Fernández Roldán. Asesora do Berritzegune de Irún
  2. "Crianzas maltratadas: detección e abordaxe desde o ámbito sanitario". Lola Ferreiro Díaz. Experta en xénero e saúde
  3. "Menores e violencia de xénero, tratamento interdisciplinario. Detección e actuación das administracións públicas. Apuntes sobre o Pacto de Estado". Paz Filgueira Paz. Titular do Xulgado de Violencia sobre a Muller de Vigo
  4. "Desmontando mitos contra nenas, nenos e adolescentes desde o eido asociativo". Estrela Gómez Viñas. Presidenta de AGAMME

18:00-18:30. Descanso-café

18:30-20:00. Posta en común e conclusións