Título node Learning object

Congreso Nacional Transformación Dixital Educativa
Ven, 11/05/2018 - 12:49
Congreso Nacional Transformación Dixital Educativa

Os días 25 e 26 de maio celebrarase no Museo Reina Sofía de Madrid o Congreso de Transformación Dixital Educativa, organizado polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte a través do Instituto Nacional de Tecnoloxías Educativas e de Formación do Profesorado.

O INTEF potenciou a integración das tecnoloxías dixitais na contorna educativa a través de diferentes plans nun proceso continuo de construción, de carácter dinámico e participativo. Este labor de actualización para afrontar con éxito os requirimentos educativos do futuro concrétase no "Plan de Transformación Dixital Educativa" que se presenta neste congreso xunto con experiencias e propostas innovadoras achegadas por representantes dos diversos axentes implicados neste proceso de cambio.

Destinatarios

- Docentes de ensinos non universitarios en activo.

- Técnicos das Administracións educativas (Asesores Técnicos Docentes, persoal de centros de Formación do Profesorado).

- Inspectores de Educación.

Prazo de presentación de solicitudes

Desde o 27 de Abril de 2018

Ata o 20 de Maio de 2018

Para máis información:

http://educalab.es/tde2018