Título node Learning object
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, en cooperación coa Consellería de Sanidade, coa Consellería do Mar, coa Consellería de Medio Rural e a Escola Galega de Consumo, e en colaboración con Sogama e a USC, organizan o I Congreso Aliméntate ben. Neste congreso alumnado de toda Galicia dará a coñecer os proxectos que desenvolven nos seus centros arredor da promoción de hábitos de vida saudable a través da alimentación. Ademais, na sesión de tarde expoñeranse experiencias e modelos de boas prácticas para pequenos e grandes.
Data: 3 e 4 de maio de 2018
Lugar: Palacio de Congresos e Exposicións (Santiago de Compostela)
Persoas destinatarias: alumnado, profesorado e familias
Detalle do programa:
- xoves 3 de maio: actividades co alumnado de infantil e primaria
- actividades educativas para o alumnado
- pases explicativos dos proxectos presentados polos centros educativos
- actividades lúdicas para os tempos de lecer
- charlas para o profesorado e as familias (sesión de tarde)
- entrega de premios
- venres 4 de maio: actividades co alumnado de secundaria e ciclos
- actividades educativas para o alumnado
- pases explicativos dos proxectos presentados polos centros educativos
- actividades lúdicas para os tempos de lecer
- charlas para o profesorado e as familias (sesión de tarde)
- entrega de premios
- clausura
Pódese consultar o programa completo no documento que se anexa.