Título node Learning object
XIX Foro Galego de Educación en Igualdade
Xov, 15/03/2018 - 17:17
A Secretaría Xeral de Igualdade promove o XIX Foro Galego de Educación en Igualdade, que este ano terá como temática "Ferramentas e experiencias educativas para a prevención da violencia de xénero". Esta actividade formativa está dispoñible a través de FPROFE (cód. G1714004). Pódese consultar o programa da actividade no PDF que se achega.
Data: venres 6 e sábado 7 de abril de 2018
Lugar: EGAP (Santiago de Compostela)
Duración: 12 h (presenciais)
Servizo de atención de menores de máis de 12 meses baixo demanda.