Título node Learning object
XXII Certame Francisco Añón de Poesía
Ven, 09/03/2018 - 13:33
O Concello de Outes convoca o seu concurso literario en homenaxe a Francisco Añón. Poderán participar neste concurso todas as persoas interesadas, de calquera nacionalidade. A lingua de participación será a lingua galega. Os textos presentados deberán ser inéditos.
- Categorías e premios:
- Categoría A: nenos/as de 6 a 7 anos. Premios: 1.º clasificado: vale de 120 € en libros e publicación da obra galardoada.
- Categoría B: nenos/as de 8 a 9 anos. Premios: 1.º clasificado: vale de 150 € en libros e publicación da obra galardoada.
- Categoría C: nenos/as de 10 a 11 anos. Premios: 1.º clasificado: vale de 180 € en libros e publicación da obra galardoada.
- Categoría D: rapaces e rapazas de 12 a 14 anos. Premios: 1.º clasificado: vale de 210 € en libros e publicación da obra galardoada.
- Categoría E: mozos e mozas de 15 a 17 anos. Premios: 1.º clasificado: cheque por valor de 450 € e publicación da obra galardoada. Para a categoría E, as obras terán unha extensión mínima de 150 versos
- Categoría F: maiores de 18 anos. Premios: 1.º clasificado: cheque por valor de 1200 € e publicación da obra galardoada. Para a categoría F, as obras terán unha extensión mínima de 200 versos
Prazo: ata o martes 3 de abril de 2018.