Título node Learning object

Charla informativa sobre consumo responsable
Ven, 09/03/2018 - 11:28
Escola Galega de Consumo

O vindeiro 15 de marzo celébrase o Día mundial dos dereitos das persoas consumidoras, que se celebra dende 1983 para conmemorar o discurso que o presidente estadounidense John F. Kennedy pronunciou o día 15 de marzo de 1962 ante o Congreso do seu país, declarando que todos eramos persoas consumidoras.

Para dar a coñecer esta data entre a comunidade educativa, o Instituto Galego de Consumo (IGC), en colaboración co Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), ofértalle aos centros educativos de Galicia dúas charlas sobre consumo responsable, que poderán seguir a través do sistema de videoconferencia en streaming.

 

 

 

 

Cada charla terá unha duración aproximada de 1 HORA e, ao final, abrirase unha rolda de preguntas.

  • 15 de marzo (10:00 AM) para educación primaria: "Unha pegada cara ao consumo responsable". A charla terá por obxecto descubrir o significado de realizar un consumo responsable a través da análise de dez sinxelos consellos. Por medio dunha historia ficticia, amosarse como actuar para resolver un problema de consumo nunha tenda.
  • 15 de marzo (12:00 AM) para ESO, bacharelato, ciclos grao medio e ensinanzas especiais: "Coñece os teus dereitos como persoa consumidora".Trátase dunha sinxela explicación dos distintos dereitos que amparan ás persoas consumidoras, apoiada con exemplos prácticos baseados en experiencias reais de consumo propias dese grupo de idades.

     

    Consellos prácticos para resolver distintas problemáticas de consumo e pasos a seguir para poñer unha reclamación.

Requisitos técnicos.

Os centros educativos que desexen participar na videoconferencia deberán ter o seguinte equipamento:

  • Un ordenador con un navegador web Firefox ou Chrome actualizado con plugin de Adobe Flash Player e conexión a Internet 10 Mb de descarga.
  • Un proxector/TV para enviar o vídeo dende o ordenador.
  • Un sistema de son/altavoces para poder oír a transmisión na sala.
  • Opcional (pero moi recomendable): un portátil adicional, con un navegador web Firefox ou Chrome actualizado con plugin de Adobe Flash Player e conexión a Internet.

As videoconferencias emitirase en streaming. Aos centros que participen facilitaráselle unha dirección web para poder seguir a sesión en directo desde o CESGA e poder enviar as súas preguntas.

Para formalizar a solicitude da actividade, pódese acceder ao formulario de inscrición a través da seguinte ligazón: http://consumo.xunta.gal/gl/formacion/actividades/video-conferencia-15-de-marzo/inscricion

Para obter máis información pódese contactar coa Escola Galega de Consumo: