Resolución pola que se regula para o curso 2017/2018, o Concurso ComunicaTedu para centros públicos de ensino non universitario
Xúntase a Resolución do 1 de marzo de 2018, da Dirección Xeral de Educación Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se regula, para o curso 2017/18, o Concurso ComunicaTedu para centros públicos de ensino non universitario da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Co obxectivo de incentivar o traballo dos centros no ámbito da oratoria, a Consellería presenta o “Concurso ComunicaTedu”. O tema desta edición será "A alimentación como hábito de vida saudable".
Centros destinatarios: centros públicos que impartan ESO
Equipos: 1 docente + 3 alumn@s
Premios para os centros gañadores: 1º (1.500 €), 2º (1.000 €) e 3º (600 €).
- Prazo de presentación de solicitudes: do 2 ao 22 de marzo de 2018
Entre os equipos que se presenten seleccionaranse as 8 mellores gravacións para o seu recoñecemento e gravación profesional.
Para obter máis información pódese consultar no seguinte teléfono: 881 997 598 (Mónica Baleirón)