Título node Learning object

A xornada "A educación a debate" ocúpase da coeducación
Xov, 15/02/2018 - 12:56
cartel da xornada na Coruña

A xornada formativa "A educación a debate" ocuparase desta volta da coeducación. Esta xornada, que promove a discusión e o debate arredor de temas de actualidade no ámbito educativo (deberes escolares, nativ@s dixitais, igualdade e mocidade, convivencia escolar, ciberseguridade), está aberta ao público e terá lugar nos distintos CFR de Galicia.

Como actividade formativa para o profesorado está dispoñible tamén FPROFE.

Apuntamos as próximas datas, nas que se abordará o tema da coeducación:

CFR de Ferrol: luns 19 de febreiro, 17.00 - 19.00. Lugar: Centro de Formación e Recursos de Ferrol.

CFR da Coruña: martes 20 de febreiro, 19.00 - 21.00. Lugar: salón de actos do edificio da UNED (A Coruña).

CFR de Ourense: luns 26 de febreiro, 18.00 - 20.00. Lugar: Centro de Formación e Recursos de Ourense.

CFR de Lugo: martes 27 de febreiro, 18.30 - 20.30. Lugar: salón de actos do CIFP As Mercedes (Lugo).

CFR de Vigo: mércores 28 de febreiro, 18.00 - 20.00. Lugar: Centro de Formación e Recursos de Vigo.

CAFI (Santiago de Compostela): lunes 5 de marzo, 18.00 - 20.00. Lugar: Sala Eisenman. Cidade da Cultura (Santiago de Compostela).

CFR de Pontevedra: luns 12 de marzo, 19.00 - 21.00. Lugar: Centro de Formación e Recursos de Pontevedra.