Axudas ao profesorado de centros educativos, así como axudas ao persoal e alumnado das organizacións asociadas ao proxecto dos países de Tailandia e Cambodja. Mobilidades do Consorcio Interprax no marco do Programa Erasmus+, para realizar durante o 2018
Apróbanse as bases reguladoras e convócanse 34 axudas de mobilidade para o profesorado de centros educativos que forman parte do Consorcio Erasmus, así como ao persoal e alumnado das organizacións asociadas ao proxecto dos países de Tailandia e Cambodja para realizar mobilidades durante o ano 2018.
Poderá concorrer a esta convocatoria o persoal docente destinado en centros educativos públicos que forman parte do Consorcio así como o persoal e alumnado das organizacións asociadas o proxecto, que se indican a continuación.
Centros educativos:
CIFP Politécnico de Santiago de Compostela
IES Ramón Menéndez Pidal – A Coruña
IES Antón Losada Diéguez. A Estrada
IES de Teis - Vigo
IES de Valga - Valga
IES Luís Seoane - Pontevedra
IES Pintor Colmeiro - Silleda
IES Ribeira do Louro – O Porriño
IES Leixa - Ferrol
Organizacións asociadas:
Chiang Mai University – Tailandia
Payap University – Tailandia
University of Limkokwing - Cambodja
Royal University of Fine Arts - Cambodja
- O prazo para solicitar as axudas remata o día 26 de xaneiro de 2018.