Título node Learning object

Xornadas do Banco de España mediante o Programa sobre Banca Central e Supervisión
Ven, 01/12/2017 - 14:03
Banco de España

O Banco de España, a través do seu Programa sobre Banca Central e Supervisión, celebra unhas xornadas o día 18 de xaneiro de 2018 na Coruña para profesores de secundaria a nivel nacional.

O obxectivo é establecer un diálogo cos docentes e familiarizalos coa misión do Banco de España, do Eurosistema e do MUS.

Recoñecemento: sen homologación como formación do profesorado.

Data: 18 de xaneiro de 2018 de 9:15 a 16:45 (ver borrador do programa da xornada)

Lugar: Banco de España, Rúa Durán Loriga, 16, 15003 A Coruña

Proceso de inscrición: por correo electrónica a elrinconeducativo@bde.es, indicando: nome e apelidos, centro educativo, dirección de correo electrónico, teléfono de contacto e DNI.

Prazo de inscrición: 12 de xaneiro de 2018