Formación
Lexislación en materia de formación en igualdade:
Formación regrada:
-
Máster de Igualdade, Xénero e Educación (USC). Trátase dun máster presencial de convocatoria bienal que se desenvolve na Facultade de Ciencias da Educación do Campus Sur da USC.
Máster oficial. 40 prazas. 90 créditos (1 ano e medio). 14 materias. -
Técnico ou técnica superior en Promoción de Igualdade de Xénero
36014489 CIFP A Xunqueira (Pontevedra). Contacto: 986 873 003
15021469 IES Leixa (Ferrol). Contacto: 881 938 125Título LOE [Real decreto 779/2013]. Grao superior. 30 prazas. 2000 horas. Código SSSC05
1º curso que se imparte: 2017/18
Publicación: Decreto 80/2018, do 21 de xuño, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior en Promoción de Igualdade de Xénero. (DOG do 13 de agosto; corrección de erros no DOG do 14 de agosto). -
Igualdade de Xénero (1º e 2º da ESO). Materia de libre configuración autonómica
1º curso que se imparte: 2016/17.
Publicación: Orde do 13 de xullo de 2016 pola que se amplía a relación de materias de libre configuración autonómica de elección para os centros docentes nas etapas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato e se regula o seu currículo e a súa oferta (DOG do 4 de agosto). -
Coeducación para o Século XXI (1º de bacharelato). Materia de libre configuración autonómica
1º curso que se imparte: 2018/19.
Publicación: Orde do 7 de agosto de 2018 pola que se amplía a relación de materias de libre configuración autonómica de elección para os centros docentes nas etapas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato, e se regula o seu currículo e a súa oferta (DOG do 30 de agosto).
Formación permanente do profesorado:
-
FPROFE: os cursos que ofrece a Consellería en relación coa igualdade sempre levarán algunha destas palabras clave: "coeducación", "feminino", "igualdade", "xénero". Pódese consultar un resumo dos cursos nesta ligazón.
-
Outras actividades de formación (homologadas ou non):
-
AS-PG e CIG-Ensino (oferta formativa). Ofrece cursos presenciais e en rede relacionados coa igualdade. Indicamos a ligazón activa para as actividades que están en prazo:
-
Escola Galega de Administración Pública. A EGAP ofrece cada ano unha ampla oferta de formación en materia de igualdade en distintas modalidades (presencial, en rede, autoformación). Pódese consultar nesta ligazón os cursos que están en vigor en cada momento; pódese facilitar a localización dos cursos relacionados co ámbito da igualdade a través da busca por palabras clave ("igualdade", "xénero", "trata") ou a través do organismo (Secretaría Xeral de Igualdade). Para acceder a esta oferta cómpre darse de alta na área de matrícula.
-
Ministerio de Educación:
-
Educar en igualdad. Curso MOOC.
-
Coeducación: dos sexos en un solo mundo. Os materiais deste curso están dispoñibles en formato PDF na seguinte ligazón.
-
-
Nova Escola Galega (oferta formativa).
- STEG (oferta formativa).
- Universidade da Coruña. Desde a Oficina de Igualdade ofrécense cursos presenciais ao longo do ano arredor da igualdade.
- Universidade de Santiago de Compostela (cursos de verán). A USC ofrece todos os anos cursos de verán especializados en Igualdade. Nomeadamente ofrece interese para o profesorado o curso de verán realizado en Lalín.
- Universidade de Vigo. Ofrece un itinerario formativo virtual en xénero (en rede) aberto á comunidade universitaria e prevese abrilo tamén a toda a sociedade.
-
Formación non regrada:
-
Ágora. Espacio de Formación Feminista. Espazo que ofrece formación en rede en dúas quendas anuais (outubro e febreiro).
-
AMINO.GAL Asociación galega contra o abuso e maltrato infantil (oferta formativa).
-
Coeducación.es. Ofrece formación en liña adaptada ás necesidades de distintas etapas educativas.
-
Escola de Igualdade María Vinyals (Deputación de Pontevedra). Esta escola ten unha ampla oferta de formación presencial que se pode ver tamén en streaming. Na canle de youtube da Deputación de Pontevedra pódense ver as gravacións dos cursos xa celebrados.
-
Escuela Virtual de Igualdad (Instituto de la Mujer y para la Igualdad de Oportunidades). Ofrece unha ampla gama de cursos de distintos niveis de afondamento e intereses profesionais. Cómpre facer preinscrición para obter praza en calquera dos cursos (inscrición)
- Federación Mujeres progresistas. Ofrece unha plataforma de formación con cursos de interese de carácter xeral e de carácter específico enfocados á empresa.
- Femiagenda. Páxina de enorme interese pola compilación que ofrece dos cursos en rede que circulan pola rede.
- ONU Mujeres. Ofrece distintas fórmulas para realizar os cursos que ofrece, entre eles o de autoformación.
-
Periféricas. Escuela de feminismos alternativos. Espazo de formación en rede con sede en Galicia.
-
-
Xornada anual 2017. Violencias invisibles: trata con fins de explotación sexual. Curso 2017/18. Pódense recuperar as distintas intervencións nesta ligazón.
-
-
Rede Galega pola Igualdade (REGAI).