Formación

Lexislación en materia de formación en igualdade:

DECRETO 70/2017, do 13 de xullo, polo que se regula a formación en igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero do persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia. (DOG do 1 de agosto)

ORDE do 12 de abril de 2019 pola que se establece o procedemento de recoñecemento e validación previsto no Decreto 70/2017, do 13 de xullo, polo que se regula a formación en igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero do persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, e se regula o Rexistro de persoal docente acreditado para impartir a formación en materia de igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero (códigos de procedemento SI500A e SI500B). (DOG do 7 de maio)

Formación regrada:

 

Formación permanente do profesorado:

  • FPROFE: os cursos que ofrece a Consellería en relación coa igualdade sempre levarán algunha destas palabras clave: "coeducación", "feminino", "igualdade", "xénero". Pódese consultar un resumo dos cursos nesta ligazón.

  • Outras actividades de formación (homologadas ou non):

    • AS-PG e CIG-Ensino (oferta formativa). Ofrece cursos presenciais e en rede relacionados coa igualdade. Indicamos a ligazón activa para as actividades que están en prazo:

    • Escola Galega de Administración Pública. A EGAP ofrece cada ano unha ampla oferta de formación en materia de igualdade en distintas modalidades (presencial, en rede, autoformación). Pódese consultar nesta ligazón os cursos que están en vigor en cada momento; pódese facilitar a localización dos cursos relacionados co ámbito da igualdade a través da busca por palabras clave ("igualdade", "xénero", "trata") ou a través do organismo (Secretaría Xeral de Igualdade). Para acceder a esta oferta cómpre darse de alta na área de matrícula.

    • Ministerio de Educación:

    • Nova Escola Galega (oferta formativa).

    • STEG (oferta formativa).
    • Universidade da Coruña. Desde a Oficina de Igualdade ofrécense cursos presenciais ao longo do ano arredor da igualdade.
    • Universidade de Santiago de Compostela (cursos de verán). A USC ofrece todos os anos cursos de verán especializados en Igualdade. Nomeadamente ofrece interese para o profesorado o curso de verán realizado en Lalín.
    • Universidade de Vigo. Ofrece un itinerario formativo virtual en xénero (en rede) aberto á comunidade universitaria e prevese abrilo tamén a toda a sociedade.

 

Formación non regrada:

Tema