Normativa
Para obter información detallada sobre a normativa que regula todo o ámbito da igualdade pódese consultar o portal da Secretaría Xeral da Igualdade.
PLAN DE IGUALDADE
Desde o curso 2019/20, os centros educativos galegos deben ter aprobado o seu plan de igualdade. A normativa que o regula é a Instrución do 6 de setembro de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, para a elaboración de plans de igualdade no curso 2019/2020, nos centros docentes sostidos con fondos públicos de niveis non universitarios da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional
Pódense atopar algúns documentos de interese para apoiar a elaboración deste plan na seguinte ligazón: Como facer un plan de igualdade.
PROTOCOLOS
No portal de Educonvives pódense atopar os protocolos de interese coeducativo:
- Protocolo educativo para garantir a igualdade, a non discriminación e a liberdade de identidade de xénero
- Guía de actuación ante casos de violencia de xénero no ámbito educativo. (2020) Pódense atopar os anexos en formato editable na seguinte ligazón: Publícase a Guía de actuación ante casos de violencia de xénero no ámbito educativo.
CURRÍCULO
Desde o punto de vista do desenvolvemento curricular, pódense consultar os seguintes documentos:
- Currículo da materia de libre configuración autonómica "Igualdade de Xénero" (1º ou 2º da ESO). Carga lectiva: 1 hora.
Orde do 13 de xullo de 2016 pola que se amplía a relación de materias de libre configuración autonómica de elección para os centros docentes nas etapas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato e se regula o seu currículo e a súa oferta. (DOG do 4 de agosto) - Currículo da materia de libre configuración autonómica "Coeducación para o Século XXI" (1º de bacharelato). Carga lectiva: 2 horas.
Orde do 7 de agosto de 2018 pola que se amplía a relación de materias de libre configuración autonómica de elección para os centros docentes nas etapas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato, e se regula o seu currículo e a súa oferta. (DOG do 30 de agosto)