Título node Learning object
Concurso de guións contra a violencia de xénero da Deputación da Coruña
Xov, 09/11/2017 - 14:45
A Deputación Provincial da Coruña acaba de botar a andar un concurso de guións contra a violencia de xénero. Con esta iniciativa quérese xerar reflexión e conciencia na mocidade fomentando a súa participación nunha actividade creativa de sensibilización. A través da edición dun guión, dedicado a concienciar a poboación procurarse dar a coñecer os motivos polos que se debe xuntar esforzos para combater a violencia de xénero.
Destinatarios: alumnado
- entre 12 e 18 anos
- que curse ESO, bacharelato, FP ou otra formación regrada en centros públicos da provincia da Coruña
- individualmente ou preferentemente en grupo (máximo 6 participantes por grupo)
- coa supervisión e titorización do persoal docente do centro e co apoio da Dirección do centro
Prazo: 30 días naturais desde o 8 de novembro de 2017
Para obter máis información pódense consultar as bases da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.