Título node Learning object
Curso sobre coeducación en Pontevedra
Xov, 09/11/2017 - 09:39
A CIG-Ensino e a AS-PG acaban de dar a coñecer o programa do curso "Achegando complicidades para a coeducación". Os obxectivos do curso son proporcionarlle ao profesorado técnicas básicas para analizar e estimular a coeducación nas aulas e transmitirlle a importancia de educar en igualdade para superar inxustizas xeradas por razóns de xénero.
Data: sábado 25/11/2017
Lugar: Pazo da Cultura (Pontevedra)
Horario: 10.00 - 14.00 e 16.00-20.00
Duración: 8 h (está solicitada a homologación pola Consellería)
Matrícula: de balde, en liña
Prazo de matrícula: ata o 23/11/2017
Para obter máis información pódese consultar a páxina web da AS-PG ou de CIG-Ensino.