Título node Learning object

III Xornadas de Lingua e Literatura Galegas no Ensino
Xov, 02/11/2017 - 14:33
Logo

Os departamentos de Filoloxía Galega e Didáctica Aplicadas da USC convocan as III Xornadas de Lingua e Literatura Galegas no ensino. Esta actividade formativa ten por obxecto abordar a problemática que a docencia desta materia presenta na actualidade. A convocatoria deste ano levan por título "Ensinar galego desde o multilingüismo e a variedade. Enfoques e experiencias". As Xornadas teñen dous centros de interese: por un lado, o tratamento das variedades na aula e na planificación lingüística dos centros; por outro o traballo integrado de linguas. Ademais a xornada busca establecer canles de diálogo, reflexión conxunta e colaboración entre o profesorado de secundaria de lingua e literatura galega e o universitario.

Data: 17 e 18 de novembro de 2017
Lugar: Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela
Duración: 12 h
Homologación: concedida
Inscrición: gratuíta, a través do seguinte formulario https://goo.gl/8JEVyi
Prazo de inscrición: ata o 8 de novembro