Título node Learning object
Dous centros galegos, recoñecidos na convocatoria Move2Learn da Comisión Europea
Ven, 27/10/2017 - 14:24
A Comisión Europea acaba de publicar a listaxe de proxectos seleccionados na iniciativa Move2Learn, Learn2Move. Entre eles, foron recoñecidos os proxectos de 2 centros galegos:
- IES de Poio: "Delirant isti eTwinnienses Romani!" desenvolvido polo alumnado de Latín de 1º de bacharelato.
- IES San Clemente: "Green spots in town" desenvolvido polo alumnado de Administración de Sistemas Informáticos en Rede.
Pódese consultar toda a información na seguinte ligazón.