Axudas de mobilidade para o profesorado de centros que forman parte do Consorcio de mobilidade que desenvolverá un proxecto KA101 do Programa Erasmus+ curso 2017/2018. Proxecto titulado: Atención á diversidade: mellorando a educación inclusiva en Europa
Axudas de mobilidade para o profesorado de centros docentes sostidos con fondos públicos que forman parte do Consorcio de mobilidade que desenvolverá un proxecto KA101 con múltiples beneficiarios no marco do Programa ERASMUS+, durante o curso 2017-2018. Proxecto titulado: Atención á diversidade: mellorando a educación inclusiva en Europa”.
Apróbanse as bases reguladoras e convócanse 41 axudas de mobilidade para o profesorado dos centros educativos que forman parte do Consorcio de mobilidades que ten concedido a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no marco do Programa Erasmus+, para realizar durante o curso 2017-2018.
Só poderá pedir o profesorado destinado durante o curso 2017-2018 nos centros educativos que forman parte do Consorcio de mobilidades e que se indican a continuación:
- CEIP Almirante Juan de Lángara y Huarte
- CEIP José María Lage
- CEIP Plurilingüe San Xoán de Filgueira
- CPI de Atios
- IES Canido
- IES de Mugardos
- IES Leixa
- IES Punta Candieira
- IES Terra de Trasancos
- CEEPR Aspanaes
O prazo para solicitar as axudas remata o día 24 de outubro de 2017.