Convocatoria para acreditar centros e persoas coordinadoras e titoras para o desenvolvemento do prácticum correspondente ao máster en Profesorado de ESO e Bacharelato, FP e Ensinanzas de Idiomas para o curso 2017/2018

Lun, 11/09/2017 - 08:59

Xúntase a Resolución do 30 de agosto de 2017, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se fai pública a convocatoria para acreditar centros e persoas coordinadoras e titoras para o desenvolvemento do prácticum correspondente ao máster en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas, na Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2017/18.

  • O prazo de presentación das solicitudes dará comezo o día seguinte ao da súa publicación e rematará o día 2 de outubro de 2017, que se pechará a aplicación Xade, non se poderá a partir desta data introducir máis centros e persoas titoras e coordinadoras na aplicación Xade. Ata o 31 de outubro de 2017 poderanse realizar as alegacións que se consideren ás listas publicadas no correo formacion.fprofe@edu.xunta.es.