Intercambios provisionais de prazas do persoal docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, en centros dependentes desta consellería

Ven, 30/06/2017 - 09:00

Xúntase a Orde do 17 xuño de 2017 pola que se regulan os intercambios provisionais de prazas do persoal docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, en centros dependentes desta consellería (código ED002A).

  • O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da resolución de adxudicación definitiva de destinos provisionais para o curso académico correspondente e ata o 2 de setembro de cada ano.
  • Cando a publicación na páxina web da resolución de adxudicación definitiva de destinos provisionais para o curso académico correspondente sexa posterior ao 2 de setembro, o prazo será de catro días desde o día seguinte ao da publicación da dita resolución.