Título node Learning object
Convoca
Concello de Santiago e USC.
Prazo
Do 8 de marzo ata o 31 de decembro de 2017.
Participantes
Calquera persoa, de xeito individual ou colectivo, que presente obras inéditas e non premiadas con anterioridade, nunha soa das seguintes modalidades: ensaio ou creación audiovisual.
Temática
Os traballos que se presenten ao premio tratarán da participación social e política das mulleres e terán como obxectivo reconstruír a súa memoria histórica. Poderán ser ensaios literarios ou científicos ou pezas audiovisuais e sempre se referirán a mulleres compostelás.
Premios
Premiaranse dous traballos, un na modalidade de ensaio e outro na modalidade de creación audiovisual. Cada un dos premios estará dotado con 2.500 euros e suxeito ás retencións fiscais que legalmente lle sexan aplicación.