Título node Learning object
Información
A Escola Galega de Administración Pública convoca un concurso de literatura. Os contos deberán redactarse en lingua galega e a súa temática será libre, á elección das persoas participantes. Os textos deberán ser presentados en folios A4, mecanografados por unha soa cara, a un espazo e medio, con formato de fonte Times New Roman, tamaño 12 e cunha extensión mínima dun folio e máxima de cinco.
Participantes
Poderán optar aos premios as nenas e nenos galegos con idades comprendidas entre estas dúas categorías: de 9 a 11 anos e de 12 a 14 anos. A idade estará referida á data de finalización do prazo de presentación de traballos.
Premios
- 1º premio: 250 euros
- 2º premio: 200 euros
- 3º premio: 150 euros
Prazo
O prazo para a presentación das obras estará aberto ata o 16 de xuño e poden presentarase en calquera oficina de rexistro da Xunta ou dos concellos.
Máis información