Título node Learning object
Período de inscrición
Do 11/05/2017 ao 01/09/2017
Información
A Confederación Nacional de Mulleres en Igualdade puxo en marcha este ano un programa de educación e sensibilización contra a violencia de xénero entre menores de idade. Subvencionado polo Ministerio de Sanidade, Asuntos Sociais e Igualdade, está dirixido a adolescentes de 12 a 18 anos.
Unha parte do proxecto consiste na realización dun estudo sobre a violencia de xénero entre a mocidade. Para elaboralo a organización necesita que adolescentes de entre 12 e 17 anos (ambos inclusive) cumprimenten unha enquisa á que pode accederse a través desta ligazón externa:
Cos datos obtidos publicarase, a finais de 2017, unha guía en liña de prevención e sensibilización que recompilará as opinións dos adolescentes sobre a violencia machista e ofrecerá pautas para previr actitudes de control, sensibilizar e detectar os primeiros sinais da violencia de xénero.
Convoca
Confederación Nacional de Mulleres en Igualdade.