Título node Learning object
Información
En memoria da xornalista, escritora, activista cultural e feminista galega Begoña Caamaño, e coa finalidade de recoñecer as persoas e iniciativas culturais e artísticas que promoven socialmente a igualdade de xénero desde o campo da cultura, a Deputación da Coruña convoca a I edición do Premio Begoña Caamaño á Mellor Iniciativa Cultural pola de Igualdade de Xénero.
Participantes
Poderán presentar candidaturas para a concesión do premio todas as persoas físicas ou xurídicas que estiveren interesadas na promoción da igualdade de xénero e o pensamento feminista desde o campo da cultura.
Nas candidaturas poderán propoñer calquera persoa, colectivo, asociación ou entidade ligada a proxectos que se desenvolvan ou relacionen coa promoción da igualdade de xénero, e o pensamento feminista desde o campo da cultura, ou que salienten polo desenvolvemento de actividades culturais que impliquen o seu avance social desde o traballo artístico, e que teñan a súa residencia ou sede social no territorio galego.
Dotación
Un premio único, dotado coa cantidade de 6.500 euros, que poderá quedar deserto e ser concedido con carácter ex aequo. Neste caso, o seu importe repartirase proporcionalmente entre as persoas que resultaren premiadas.
Prazo
Ata o 30 de agosto de 2017.
Xurado
O xurado estará presidido pola deputada presidenta da Comisión de Cultura e Normalización Lingüística e formarán parte del cinco persoas de recoñecido prestixio no ámbito da cultura galega e do traballo social pola igualdade de xénero, nomeadas pola área de Cultura da Deputación da Coruña.