Plans de formación permanente do profesorado que se van impartir en centros educativos públicos dependentes desta consellería no curso 2017/2018
Achégase a Resolución do 28 de abril de 2017, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca a selección de plans de formación permanente do profesorado que se van implantar en centros educativos públicos dependentes desta consellería no curso 2017/18.
- O prazo de preinscrición remata o 10 de outubro.
- O prazo de presentación de solicitudes comeza o 1 de xuño e remata o 31 de outubro.
QUE SON?
Plans específicos de formación permanente que, partindo dunha avaliación das necesidades do centro, permitan deseñar accións formativas destinadas á actualización e o perfeccionamento das competencias profesionais do profesorado, para a mellora da calidade da educación e dos resultados escolares do alumnado.
DESTINATARIOS
Centros educativos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Cada centro pode solicitar un único plan. Varios centros con necesidades comúns e proximidade xeográfica poderán presentar un plan conxunto.
CARACTERÍSTICAS
- Estarán integrados por unha o máis liñas de traballo. Como principio xeral, potenciaranse a actualización e mellora das competencias profesionais docentes asociadas a cada liña.
- Cada liña desenvolverase a través dun ou máis itinerarios formativos dependendo dos diferentes niveis de competencia profesional que se pretenda acadar ou doutras circunstancias que así o xustifiquen.
- Cada itinerario formativo constará de varias actividades formativas (curso, grupo de traballo, seminario), tendo en conta que en caso de que haxa algún curso, deber estar vinculado a un grupo de traballo ou seminario. No caso excepcional de contar cunha soa actividade esta ten que ser grupo de traballo ou seminario.
- As actividades de cada itinerario formativo estarán secuenciadas para que, partindo da situación inicial determinada polo centro, sexa posible alcanzar os obxectivos finais previstos. As ditas actividades deberán estar integradas nun proceso que inclúa a análise e elaboración de propostas didácticas, así como a súa aplicación á aula ou ao centro, e a reflexión e avaliación dos resultados.
- Os plans presentados terán unha planificación mínima de dous cursos escolares e máxima de catro.
- Independentemente da liña ou liñas de traballo escollidas e das actividades que configuren cada itinerario formativo, todos os plans contarán cun módulo de formación específica en convivencia, inclusión e igualdade, para o cal contarán co apoio, asesoramento e acompañamento das persoas asesoras da rede de formación permanente do profesorado.
LIÑAS DE ACTUACIÓN
Liñas de traballo e competencias profesionais docentes dos plans de formación
Os plans de formación deberán desenvolver algunha das liñas de traballo propostas a continuación.
A liña de traballo prioritaria dos plans de formación, de acordo coas directrices desta dirección xeral, será a seguinte:
Deseño e desenvolvemento curricular no marco do modelo competencial.
Ademais, os plans de formación poderán tratar unha das seguintes liñas:
- Planificación estratéxica das linguas no centro. Proxecto Lingüístico de Centro (PLC) e Tratamento Integrado das Linguas (TIL).
- Integración didáctica das TIC. Traballo colaborativo en rede a través de espazos virtuais. Educación dixital.
- Escola inclusiva e atención á diversidade.
- Convivencia escolar e clima da aula. Centros saudables. Relacións coas familias.
- Actualización científica e didáctica do profesorado.
- Mellora da xestión dos centros.
- Programas europeos e internacionais: accións e plans de promoción e desenvolvemento.
- Biblioteca escolar.
- Iniciativas formativas no ámbito STEM (ciencia-tecnoloxía-enxeñaría-matemáticas).
Estas liñas de traballo estarán asociadas ao desenvolvemento de, como mínimo, as seguintes competencias e subcompetencias docentes:
LIÑAS DE TRABALLO |
COMPETENCIAS |
SUBCOMPETENCIAS |
a) Deseño e desenvolvemento curricular no marco do modelo competencial |
Educador/a guía no proceso de ensino-aprendizaxe.
Especialista na súa materia. |
1.Programación, seguimento e avaliación. 2.Didácticas específicas, metodoloxías e TAC. 21. Coñecemento nas áreas, materias e módulos curriculares. |
b) Planificación estratéxica das linguas no centro. Proxecto Lingüístico de Centro (PLC) e Tratamento Integrado das Linguas (TIL). CLIL |
Comunicador/a en linguas maternas e estranxeiras.
Membro dunha organización
|
23. Destrezas comunicativas verbais e non verbais. 9.Cooperación, colaboración e construción conxunta do coñecemento. |
c) Integración didáctica das TIC. Traballo colaborativo en rede a través de espazos virtuais. Educación dixital. |
Competente en TIC.
Educador/a guía no proceso de ensino-aprendizaxe. |
24.Software 25.Dispositivos 26.Ferramentas institucionais
2. Didácticas específicas, metodoloxías e TAC |
d) Escola inclusiva e atención á diversidade. |
Educador/a guía no proceso de ensino-aprendizaxe. Investigador/a e innovador/a. |
3. Acción titorial e atención á diversidade 16.Diagnóstico e avaliación da práctica docente |
e) Convivencia escolar e clima da aula. Centros saudables. Relacións coas familias. |
Interlocutor/a e referente na comunidade educativa |
14. Xestión e promoción de valores e convivencia, compromiso persoal e ético 15. Mediación, resolución de conflitos |
f) Actualización científica e didáctica do profesorado. |
Especialista na súa materia
Educador/a guía no proceso de ensino-aprendizaxe |
21. Coñecemento nas áreas, materias e módulos curriculares 2. Didácticas específicas, metodoloxías e TAC |
g) Mellora da xestión dos centros. |
Membro dunha organización. |
8. Xestión administrativa de centro e calidade 9. Xestión da participación e implicación en proxectos comúns |
h) Internacionalización dos centros educativos. |
Membro dunha organización.
Comunicador/a en linguas maternas e estranxeiras. |
10. Cooperación e colaboración, construción conxunta de coñecemento 23. Destrezas comunicativas verbais e non verbais |
i) Biblioteca escolar. |
Educador/a guía no proceso de ensino-aprendizaxe.
Investigador/a e innovador/a. |
2. Didácticas específicas, metodoloxías e TAC 4. Xestión dos espazos, recursos e materiais de aprendizaxe 17. Investigación formativa. TAC. Alfabetización mediática e informacional |
j) Iniciativas formativas no ámbito STEM (ciencia-tecnoloxía-enxeñaría-matemáticas) |
Educador/a guía no proceso de ensino-aprendizaxe. Especialista na súa materia.
Investigador/a e innovador/a. |
2. Didácticas específicas, metodoloxías e TAC 21. Coñecemento nas áreas, materias e módulos curriculares 19. Realización e execución de propostas |
MÁIS INFORMACIÓN
Mail: cafi@edu.xunta.es, cfr.coruna@edu.xunta.es, cfr.lugo@edu.xunta.es, cfr.ourense@edu.xunta.es,cfr.pontevedra@edu.xunta.es, cfr.ferrol@edu.xunta.es, cfr.vigo@edu.xunta.es.
Servizo de Formación do Profesorado
Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria